Saltar ao contido

Wole Soyinka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWole Soyinka

(2015) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(yo) Akínwándé Olúwọlé Babátúndé Ṣóyíinká Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xullo de 1934 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Estado de Ogun, Nixeria Editar o valor en Wikidata
Embaixador de Boa Vontade da UNESCO
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo yoruba Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Leeds
Universidade de Londres
Universidade de Ibadan
Abeokuta Grammar School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes escénicas Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndramaturgo, filósofo, ensaísta, catedrático, novelista, poeta, tradutor, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade Emory
Universidade de Nova York
Loyola Marymount University (en) Traducir
University of Nevada, Las Vegas (pt) Traducir
Universidade Cornell
Universidade Yale
Universidade de Lagos
Universidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Arquivos en
Familia
FillosOlaokun Soyinka Editar o valor en Wikidata
NaiGrace Eniola Soyinka Editar o valor en Wikidata
IrmánsOmofolabo Ajayi-Soyinka Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Шойинка Воле)
Dictionary of African Biography,
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webwolesoyinkafoundation.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0816432 IBDB: 9223
BNE: XX1722082 Musicbrainz: 4ddc5433-5baf-4183-99cb-48ea72173e2f Discogs: 1249218 WikiTree: Soyinka-1 Genius: Wole-soyinka Editar o valor en Wikidata

Wole Soyinka (de nome completo Akinwande Oluwole Soyinka), nado en Abeokuta o 13 de xullo de 1934, é un escritor nixeriano en idioma inglés, o primeiro africano en conseguir o Premio Nobel de Literatura en 1986.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Wole Soyinka naceu en xullo do ano 1934 en Abeokuta, Nixeria. Comezou os seus estudos superiores na Universidade de Ibadán, que culminaría na Universidade de Leeds, onde retornaría na década de 1970 para conseguir un doutoramento.

Entre 1957 e 1959 traballou no Royal Court Theatre de Londres como director e actor. Neste período tamén escribiu tres obras para unha pequena compañía de actores que creara. Aínda que moitos escritores africanos rexeitaban o uso das linguas europeas debido á asociación entre Europa e a violenta colonización de África, Soyinka optou por desenvolver os seus escritos en inglés. Caracterízase por mesturar as tradicións africanas co estilo europeo, utiliza tradicións e mitos africanos e nárraos empregando formas occidentais. Sempre aproveitou as súas obras para difundir a súa postura social e política, polo cal a súa obra está chea de simbolismos (algúns sinxelos, outros bastante complexos). Este estilo acedo foi unha das causas do seu arresto en 1967.

Na década de 1960 volveu a Nixeria para estudar o teatro africano, e ese ano fundou o grupo teatral "As máscaras de 1960". Os seus traballos nesta época están tinguidos de algo de crítica social, pero polo xeral esta faise nun modo lixeiro e, ás veces, humorístico. En 1964 fundou a Compañía de Teatro Orisun. Tamén ensinou teatro e literatura nas universidades de Lagos e Ibadán. Pero en 1967 foi arrestado durante a guerra civil nixeriana por escribir un artigo no que avogaba por un armisticio. Acusado de conspiración, foi encerrado por máis de 20 meses e a finais de 1969 foi liberado.

Xa na década de 1970, liberado da prisión, a súa obra tórnase máis escura e crítica. Ataca o sistema e reflicte o sufrimento do autor e do pobo nixeriano.

En 1986 foi galardoado co Premio Nobel de Literatura, o primeiro escritor africano en recibilo.

Coleccións de poesía

[editar | editar a fonte]
  • 1967: Idanre and Other Poems
  • 1969: Poems from Prison
  • 1971: A Shuttle in the Crypt
  • 1976: Ogun Abibiman
  • 1988: Mandela's Earth and other poems
  • 1999: Outsiders
  • 2002: Samarkand and Other Markets I have known
  • Neo-Tarzanism: The Poetics of Pseudo-Transition
  • Art, Dialogue, and Outrage: Essays on Literature and Culture
  • Myth, Literature and the African World
  • "From Drama and the African World View"
  • "Telephone Conversation"

Películas

[editar | editar a fonte]
  • Culture in Transition
  • Blues For a Prodigal

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]